lunes, 13 de febrero de 2012

A misteriosa aparición de tarzán ca barriga furada


Tarzán era un autentico can de palleiro dos de antes, non dos de ahora que queren facer unha raza de palleiro, non; era un can cambuceiro, deses que nunca se viron presos na cadea, desos que salen todos os días á veiriña da noite a dar unha volta polo rueiro de arriba visitálas amigas presas nas eiras.Tarzán non era un can calquera, era o can dos de Rafael, os de Rafael viñeran facía poucos anos do lugar de Jundurís pouco antes de facer o aeroporto, para facélo tiveron que votalos de caseiros; era unha familia suixéneris, xente rara que vivira aislada moito tempo.A súa chegada a Sas á súa flamante nova casa do Cotillón supuxo un aumento de cativos na aldea, e estos eran dos que nos gustaban ós de Simón, eran dos que as levaban jajajaj, catro irmáns, Manolo un zumbao que pronto votou moza na Coruña á que namorou por carta, as cartas escribias ela!! José un pajero compulsivo obsesionado con romperlle o reloxio a Manolo e montar encima das primas tontas que vivian na casa vella, Rafa chulito de palleiro con raia ó medio, e Toji eso Antonio-Toñito-Tojiño-Toji.Candos nos dixeron que troxeran pá casa un pastor alemán cruzado, nos non podíamos creer o que víamos, o cruce debía ser lexano porque o unico que tiña de pastor alemán era unha mancha color marron grisáceo (pequena) no lombo o resto debía ser do cabrón do can do xastre, un rateño blanco medio maricuela; Manolo de Rafael sempre tuvo a esperanza de que o seu pastor alemán acabase medrando, pero o castrón non levantaba máis de cuarta e media e tiña xa tres anos, ó final votarónlle a culpa ó pai, non ó pai do can, ó pai deles, porque non lle dira ben de comer cando era pequeno, o caso é que o Tarzán era pequeno, blanco e gris e andaba de papón pola rueiro de arriba lambendo ás cadelas presas na eira, parecíase a José!!Un mediodia daqueles que os pais iban votar a siesta e os rapaces tiñamos que deitarnos ata que eles se quedaban dormidos para saltar pola ventana encima do pozo negro e xogar ó que podíamos sen armar ruido, un deses mediodía que apretaba a calor do vran, ó Tarzán non se lle ocurreu nada mellor que atravesála frontera e baixar ó rueiro de abaixo!! se sabía que o tiña prohibido, que no rueiro de abaixo sólo entraba quen deixara Manolo de Simón, desde o banco da entrada vino baixar amodiño ca súa chulería polo carreiro do muiño, mirando como había salta para a de Vilar, osmando a cadela de Fina!!!Non era un bon día para cruzar ó rueiro de abaixo, non, e menos cruzar pola horta de Simón, e menos baixar polo carreiro do muiño, non non foi boa idea, Javier de Simón non o iba permitir, porque Manolo non estaba pero estaba eu e era un bó alumno, a navalla noviña que comprara o día da feira no Martillo sempre andaba conmigo no peto, enseñárame o Padriño que un home ten que ter navalla, e eu xa tiña nove anos, era un home!! Non o pensei dúas veces, abrin a cancela amodiño para que o paspan de Tarzán non oira a carabilla virar e ca navalla aberta apuntei con cuidado cando pasaba por detrás do limoeiro e tireilla con todas as miñas forzas igual que me enseñara Manolo agarrandoa pola punta e alá foi, Tarzán miroume desafiando como quén viña tomar posesión de rueiro de abaixo jajajjaja xa non lle dou tempo a nada, pegou un chimpo no aire e empezou a ouvear mentres arrancaba como unha flecha polo carreiro arriba ca navalla clavada na barriga!! ay mi madriña querida, aquela navalla nova non caía da súa barriga, levaba ben forza a condenada, e o can cada vez apagábase máis pero escapou e a navalla caeu no prado da Miguela, bufff que apuro, podían ter quedado probas e non era convinte, esa era unha das normas de Manolo, fagamos o que fagamos non poden quedar pruebas. Era moito Manolo.Os días seguintes foron un clamor en Sas, os de Rafael andaban comprobando as fouciñas para ver cal tiña a sangre do Tarzán, iban matar a quen fora, e tiñan claro que cando o seu pastor alemán se recuperase (tardou moito tempo) recoñecería ó seu agresor e entón vingaríanse eles, habíanlle facélo mismo.Desde aquel día o meu obxectivo era acabar ca vida do Tarzán, era a única proba que quedaba, a navalla para evitar que a comprobasen apañeina no prado e voteina debaixo do muiño, á carón do rodicio no medio da lama, un desperdicio, na Martillo dixéranme que era muy boa que tiña as cachas de corno!!! alí quedou para sempre, gustaríame encontrala algun día pero non vai ser posible.Non fixo falta acabar con Tarzán, afortunadamente para él o instinto asesino do que falaba Manolo de Rafael debeuse volver instinto de supervivencia, porque cando me veu o Tarzán ainda convaleciente queríame lamber, tuvenlle que dar unha patada nas costillas "porco saca de ahí" "uy perdón non me din conta que estaba jodido" vaia instinto!!!!Ainda hoxe non lle contei esto a nadie, nadie soubo nunca que a ferida que casi mata a Tarzán deulle cun navallazo Javier de Simón, sólo Tarzán e eu!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario