jueves, 19 de enero de 2012

Minolta

Calculo que esta fotografía será do ano 1977 aproximadamente, temos visita de meus tíos Humberto e Pura (fotógrafa) e falta miña irmán Mary que estará no traballo.
Celebramos e meu 10 cumpleanos, anos de moita felicidade en Sas, anos de vacas gordas e bon ánimo, có Padriño pletórico e a Madriña xa enferma e encamada e papá e mamá, ca edade que teño eu ahora, parecen dous chavales. Conservo de aquela época varias cousas ademáis do flamante flequillo, como a admiración por todos e cada un dos que aquí estamos, meus irmáns, meus pais, meus tíos e o Padriño.
Esta fotografía estou casi seguro que foi feita con unha cámara Minolta que todavía hoxe se conserva en perfecto estado estético e de funcionamiento.
Eu acostumbro a ter regalos de vez en cando, e todo o mundo sabe da miña colección de cámaras antiguas que conservo como ouro en pano, pero meu tío Humberto e seu fillo Tito trouxeronme á casa a que máis aprecio de todas, porque con ela se retratou a miña infancia.
Gracias Sres. Ferreira por ver en un servidor non sei qué para facerme gozar de semellante honor, asegúrolles que será conservada igual que vostedes ma entregaron: con todo o cariño do mundo.
Gracias

No hay comentarios:

Publicar un comentario