Dúas noticias
aparentemente sen ningunha relación no momento de producirse a mediados do
século pasado son en realidade unha soa; un internauta localiza na web,
mediante a poderosa ferramenta de rastrexo no tempo Whip Temps, unha misteriosa desaparición.
O día dous de outubro de 1946 a Roca do
Eirovello desaparece misteriosamente e sen deixar rastro de ningún tipo, a Roca,
chamada así por ser Maruja, a filla de Roque, levaba unha triste e vacía existencia
no Eirovello en aqueles terribles tempos da posguerra, novena filla de dezaseis
irmans, foi a quinta que tentou de emigrar a América e para iso embarcou no
porto de Vigo no Estrela de Poniente, un destartalado vapor que cubría a ruta
Europa Nova Iork.
Por razons que nunca máis se souberon unha das mais tranquilas noites da
viaxe a Roca desapareceu pola borda sen que volvese a ser vista, dandose por
desaparecida e máis tarde por morta.
Eiqui comeza a terceira parte da historia, e digo terceira porque así é,
ata hoxe viñase desenrolando a segunda parte, pero ista é a terceira, na que
descubro esteupefacto Whip Temps, a máis poderosa e maravillosa ferramenta de
búsqueda, xa non na web, non señores, no tempo, un motor que nos permite viaxar
virtualmente no tempo e seguir pistas e camiños, fondas relleiras de pegadas
ata hoxe invisibles.
Whip Temps mostra a inconfundible relleira da Roca do Eirovello dende a
súa caida pola borda do Estrela de Poniente.
Nunha primeira e superficial mirada, a relleira Roca parece dirixirse
directamente, coma era de prever,
ó Inferno, a vida da Roca non era de ningunha maneira un modelo de virtudes e
sí un cúmulo de vicios e vida alegre e desenfrenada, polo que unha analise non
moi detallada mostranos a porta do Inferno.
Pero amigos lectores a cousa cambia cando analizamos dita relleira en
tres dimensións, cun xiro non moi grande de 38 graos observamos que, cousas do
destino, a forte corrente das augas cálidas polas que se atopaban, e a sorte da
Roca do Eirovello de ter aprendido a nadar no ría da Azureira, fai coincidir en
non mais de tres minutos de esforzo no océano, cun cruceiro da Armada noutro
tempo Invencibel e hoxe simplemente Armada española.
Falolles amigos lectores do Galatea, cruceiro de instrucción que
navegando das Azores a La Palma sufre un terrible ciclón que lle provoca unha
escora moi grave e o encharcamento dos motores, e así parado no medio do
Atlántico e como o atopa Whip Temps, parado e sen marcar relleira durante sete
horas e media, as sete horas e media que salvaron a vida da Roca do Eirovello.
Esgotada polo inmenso esforzo de tres minutos na auga, e cando xa
remataba a faena da súa vida xurando e perxurando en latín, a Roca bateu contra
algo moi duro, bateu contra o Galatea.
É aqui onde a versión Beta de Whip Temps ten o seu único lunar, unha das
melloras que deberá incorporar a versión definitiva, será a de eliminar os
pequenos puntos mortos nas relleiras do destino.
A observación da relleira Roca e da relleira Glenlee (nome orixinal do
Galatea) vistas en dúas dimensións, conducen directamente ó Inferno, pero teñen
puntos negros que vistos en tres dimensións, son precisamente, e eiquí reside a clave, aqueles momentos
nos que os mortais nos diriximos con saña, enfado ou ofensas á Noso Señor Deus.
Sí, por increible que pareza Whip Temps utiliza como referente o
contacto directo cos tres puntos cardinais eternos, O Ceo, o Inferno e o
Purgatorio, ademais dos outros catros mortais, as Persoas, a Terra, A Auga e O
Aire.
¿Qué sucedeu coas relleiras Roca e Glenlee?, moi sinxelo, o Noso Señor
Deus coma Administrador único do punto cardinal eterno Ceo, dispon dun Firewal
extremadamente potente que en lugar de localizar e poñer en cuarentena o
contido ofensivo, simplemente o que fai e cerrarlle o ancho de banda dispoñible
e simplemente as relleiras fican desconectadas ou fora de cobertura, por iso
cando a Roca pensou que os seus días remataban e comezou a xurar, Deus deixouna fora de cobertura ou apagada,
e así perdímola pista durante uns minutos, suficientes pra que a Roca subise
pola soga ó Galatea.
A partires deste momento a relleira é unha sóa, e a Roca do Eirovello
pasará a ser “La gitana del Galatea”, culpable de todos os medos, acojones e
desperfectos do cruceiro de instrucción no que lle resta de vida.
A Roca ainda reside no Galatea, pero moi lista ela non se foi pra
Glasgow, non, ela amañouse como puido pra ficar no pescante de botes que hoxe
se pode ver na Graña, e só sae dalí pra acercarse de noite ó Museo Naval a
limpar os puños das velas de capa que alí se gardan.
Dende a Graña ainda pode oir polas mañás cediño o asubío da moa de
Maceira no Eirovello, alí onde perdeu a súa honra e gañou o coñecemento do
amor.
Só, e xa pra rematar, lles quero pedir amigos e amigas lectores que non
molesten á Roca e respeten o seu aillamento da mesma maneira que ela respetou e
velou sempre polos rapaces que, acojonados, non durmían polas noites esperando
a que ela chegase á súa veira ca seu terrible “sex machine”, eles non se daban
conta que era ela quen os agarraba e non os deixaba caer cando subían pola
arboladura.
E Deus queira que a Roca non atope nunca a Whipe Temps, porque peligra a
vida do artista.
Betanzos 11 de agosto de 2008.
Adicado ó
Brigada Maceira, ata pronto amigo Grela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario