lunes, 13 de febrero de 2012

A misteriosa aparición de tarzán ca barriga furada


Tarzán era un autentico can de palleiro dos de antes, non dos de ahora que queren facer unha raza de palleiro, non; era un can cambuceiro, deses que nunca se viron presos na cadea, desos que salen todos os días á veiriña da noite a dar unha volta polo rueiro de arriba visitálas amigas presas nas eiras.Tarzán non era un can calquera, era o can dos de Rafael, os de Rafael viñeran facía poucos anos do lugar de Jundurís pouco antes de facer o aeroporto, para facélo tiveron que votalos de caseiros; era unha familia suixéneris, xente rara que vivira aislada moito tempo.A súa chegada a Sas á súa flamante nova casa do Cotillón supuxo un aumento de cativos na aldea, e estos eran dos que nos gustaban ós de Simón, eran dos que as levaban jajajaj, catro irmáns, Manolo un zumbao que pronto votou moza na Coruña á que namorou por carta, as cartas escribias ela!! José un pajero compulsivo obsesionado con romperlle o reloxio a Manolo e montar encima das primas tontas que vivian na casa vella, Rafa chulito de palleiro con raia ó medio, e Toji eso Antonio-Toñito-Tojiño-Toji.Candos nos dixeron que troxeran pá casa un pastor alemán cruzado, nos non podíamos creer o que víamos, o cruce debía ser lexano porque o unico que tiña de pastor alemán era unha mancha color marron grisáceo (pequena) no lombo o resto debía ser do cabrón do can do xastre, un rateño blanco medio maricuela; Manolo de Rafael sempre tuvo a esperanza de que o seu pastor alemán acabase medrando, pero o castrón non levantaba máis de cuarta e media e tiña xa tres anos, ó final votarónlle a culpa ó pai, non ó pai do can, ó pai deles, porque non lle dira ben de comer cando era pequeno, o caso é que o Tarzán era pequeno, blanco e gris e andaba de papón pola rueiro de arriba lambendo ás cadelas presas na eira, parecíase a José!!Un mediodia daqueles que os pais iban votar a siesta e os rapaces tiñamos que deitarnos ata que eles se quedaban dormidos para saltar pola ventana encima do pozo negro e xogar ó que podíamos sen armar ruido, un deses mediodía que apretaba a calor do vran, ó Tarzán non se lle ocurreu nada mellor que atravesála frontera e baixar ó rueiro de abaixo!! se sabía que o tiña prohibido, que no rueiro de abaixo sólo entraba quen deixara Manolo de Simón, desde o banco da entrada vino baixar amodiño ca súa chulería polo carreiro do muiño, mirando como había salta para a de Vilar, osmando a cadela de Fina!!!Non era un bon día para cruzar ó rueiro de abaixo, non, e menos cruzar pola horta de Simón, e menos baixar polo carreiro do muiño, non non foi boa idea, Javier de Simón non o iba permitir, porque Manolo non estaba pero estaba eu e era un bó alumno, a navalla noviña que comprara o día da feira no Martillo sempre andaba conmigo no peto, enseñárame o Padriño que un home ten que ter navalla, e eu xa tiña nove anos, era un home!! Non o pensei dúas veces, abrin a cancela amodiño para que o paspan de Tarzán non oira a carabilla virar e ca navalla aberta apuntei con cuidado cando pasaba por detrás do limoeiro e tireilla con todas as miñas forzas igual que me enseñara Manolo agarrandoa pola punta e alá foi, Tarzán miroume desafiando como quén viña tomar posesión de rueiro de abaixo jajajjaja xa non lle dou tempo a nada, pegou un chimpo no aire e empezou a ouvear mentres arrancaba como unha flecha polo carreiro arriba ca navalla clavada na barriga!! ay mi madriña querida, aquela navalla nova non caía da súa barriga, levaba ben forza a condenada, e o can cada vez apagábase máis pero escapou e a navalla caeu no prado da Miguela, bufff que apuro, podían ter quedado probas e non era convinte, esa era unha das normas de Manolo, fagamos o que fagamos non poden quedar pruebas. Era moito Manolo.Os días seguintes foron un clamor en Sas, os de Rafael andaban comprobando as fouciñas para ver cal tiña a sangre do Tarzán, iban matar a quen fora, e tiñan claro que cando o seu pastor alemán se recuperase (tardou moito tempo) recoñecería ó seu agresor e entón vingaríanse eles, habíanlle facélo mismo.Desde aquel día o meu obxectivo era acabar ca vida do Tarzán, era a única proba que quedaba, a navalla para evitar que a comprobasen apañeina no prado e voteina debaixo do muiño, á carón do rodicio no medio da lama, un desperdicio, na Martillo dixéranme que era muy boa que tiña as cachas de corno!!! alí quedou para sempre, gustaríame encontrala algun día pero non vai ser posible.Non fixo falta acabar con Tarzán, afortunadamente para él o instinto asesino do que falaba Manolo de Rafael debeuse volver instinto de supervivencia, porque cando me veu o Tarzán ainda convaleciente queríame lamber, tuvenlle que dar unha patada nas costillas "porco saca de ahí" "uy perdón non me din conta que estaba jodido" vaia instinto!!!!Ainda hoxe non lle contei esto a nadie, nadie soubo nunca que a ferida que casi mata a Tarzán deulle cun navallazo Javier de Simón, sólo Tarzán e eu!!!

jueves, 19 de enero de 2012

Exemplo de AMOR

Esta xoven parexa fai xa moitos anos que se enamoraron coa letra de esta canción "Las palmeras" de Alberto Cortez, hoxe están pasando un momento delicado que superarán seguro ca súa mediciña de sempre, o AMOR.


Ah, mi corazón está empezando a padecer 
desde que yo te conocí, mi dulce bien. 
Sé que para mi es muy difícil olvidar 
todo el encanto de tu voz y tu mirar. 
Ven mi amor, que quiero ser tu adoración 
y forjar nuestro nidito de pasión. 
Ven que las palmeras saben de mi amor, 
ven que mi alma ya no puede de dolor. 

Quiero tus besos con frenesí, 
cariño mío, dime que sí, 
mi cariñito, no digas no, 
con las palmeras yo he de morir. 

Ven mi amor, que quiero ser tu adoración 
y forjar nuestro nidito de pasión. 
Ven que las palmeras saben de mi amor, 
ven que mi alma ya no puede de dolor. 

Quiero tus besos con frenesí, 
cariño mío, dime que sí, 
mi cariñito, no digas no, 
con las palmeras yo he de morir.

                                    Gilberto Rojas

Minolta

Calculo que esta fotografía será do ano 1977 aproximadamente, temos visita de meus tíos Humberto e Pura (fotógrafa) e falta miña irmán Mary que estará no traballo.
Celebramos e meu 10 cumpleanos, anos de moita felicidade en Sas, anos de vacas gordas e bon ánimo, có Padriño pletórico e a Madriña xa enferma e encamada e papá e mamá, ca edade que teño eu ahora, parecen dous chavales. Conservo de aquela época varias cousas ademáis do flamante flequillo, como a admiración por todos e cada un dos que aquí estamos, meus irmáns, meus pais, meus tíos e o Padriño.
Esta fotografía estou casi seguro que foi feita con unha cámara Minolta que todavía hoxe se conserva en perfecto estado estético e de funcionamiento.
Eu acostumbro a ter regalos de vez en cando, e todo o mundo sabe da miña colección de cámaras antiguas que conservo como ouro en pano, pero meu tío Humberto e seu fillo Tito trouxeronme á casa a que máis aprecio de todas, porque con ela se retratou a miña infancia.
Gracias Sres. Ferreira por ver en un servidor non sei qué para facerme gozar de semellante honor, asegúrolles que será conservada igual que vostedes ma entregaron: con todo o cariño do mundo.
Gracias

Bos tempos en Sas.

Orgulloso o Padriño posa na aira con casi toda a súa descendencia, seu fillo Manolo e súa nora Chicha, seu xenro Pedro (viúvo de Paca), sua filla Pura é quen fai a foto e seu xenro Humberto, sua filla Divina e seu xenro Abelardo, e mamá Celia e papá Toñito.
Ademáis está a Madriña con pano posto e Manuelita nai de Pedro, e os netos excepto os primos de Venezuela Honey e Tito, estamos Manolito, Puri e Lexo María e Begoña, Jose Manuel e Mari Carmen, Maricarmen, Elena, e Mari, Toñito, Manolo, un servidor e Carlos, ademáis está Paula bisneta do Padriño e filla de Puri.
Bos tempos aqueles en Sas, con xuntanzas multitudinarias de familia e amigos, creo que esta foto recolle a celebración do 75 aniversario do padriño en 1977.
Fotografía realizada case con toda seguridade ca "miña" cámara Minolta Ferreira.

miércoles, 18 de enero de 2012

A xitana do Galatea (Roca do Eirovello)

Relato corto nacido no velatorio de amigo José Luis Maceira Grela, tristemente falecido moito antes de tempo, a inestimable axuda de seu primo Kiko, neno soldado, inspiroume esta historia fantástica de xóvenes heroes militares.

Dúas noticias aparentemente sen ningunha relación no momento de producirse a mediados do século pasado son en realidade unha soa; un internauta localiza na web, mediante a poderosa ferramenta de rastrexo no  tempo Whip Temps, unha misteriosa desaparición.
 O día dous de outubro de 1946 a Roca do Eirovello desaparece misteriosamente e sen deixar rastro de ningún tipo, a Roca, chamada así por ser Maruja, a filla de Roque, levaba unha triste e vacía existencia no Eirovello en aqueles terribles tempos da posguerra, novena filla de dezaseis irmans, foi a quinta que tentou de emigrar a América e para iso embarcou no porto de Vigo no Estrela de Poniente, un destartalado vapor que cubría a ruta Europa Nova Iork.
Por razons que nunca máis se souberon unha das mais tranquilas noites da viaxe a Roca desapareceu pola borda sen que volvese a ser vista, dandose por desaparecida e máis tarde por morta.
Eiqui comeza a terceira parte da historia, e digo terceira porque así é, ata hoxe viñase desenrolando a segunda parte, pero ista é a terceira, na que descubro esteupefacto Whip Temps, a máis poderosa e maravillosa ferramenta de búsqueda, xa non na web, non señores, no tempo, un motor que nos permite viaxar virtualmente no tempo e seguir pistas e camiños, fondas relleiras de pegadas ata hoxe invisibles.
Whip Temps mostra a inconfundible relleira da Roca do Eirovello dende a súa caida pola borda do Estrela de Poniente.
Nunha primeira e superficial mirada, a relleira Roca parece dirixirse directamente,  coma era de prever, ó Inferno, a vida da Roca non era de ningunha maneira un modelo de virtudes e sí un cúmulo de vicios e vida alegre e desenfrenada, polo que unha analise non moi detallada mostranos a porta do Inferno.
Pero amigos lectores a cousa cambia cando analizamos dita relleira en tres dimensións, cun xiro non moi grande de 38 graos observamos que, cousas do destino, a forte corrente das augas cálidas polas que se atopaban, e a sorte da Roca do Eirovello de ter aprendido a nadar no ría da Azureira, fai coincidir en non mais de tres minutos de esforzo no océano, cun cruceiro da Armada noutro tempo Invencibel e hoxe simplemente Armada española.
Falolles amigos lectores do Galatea, cruceiro de instrucción que navegando das Azores a La Palma sufre un terrible ciclón que lle provoca unha escora moi grave e o encharcamento dos motores, e así parado no medio do Atlántico e como o atopa Whip Temps, parado e sen marcar relleira durante sete horas e media, as sete horas e media que salvaron a vida da Roca do Eirovello.
Esgotada polo inmenso esforzo de tres minutos na auga, e cando xa remataba a faena da súa vida xurando e perxurando en latín, a Roca bateu contra algo moi duro, bateu contra o Galatea.
É aqui onde a versión Beta de Whip Temps ten o seu único lunar, unha das melloras que deberá incorporar a versión definitiva, será a de eliminar os pequenos puntos mortos nas relleiras do destino.
A observación da relleira Roca e da relleira Glenlee (nome orixinal do Galatea) vistas en dúas dimensións, conducen directamente ó Inferno, pero teñen puntos negros que vistos en tres dimensións,  son precisamente, e eiquí reside a clave, aqueles momentos nos que os mortais nos diriximos con saña, enfado ou ofensas á Noso Señor Deus.
Sí, por increible que pareza Whip Temps utiliza como referente o contacto directo cos tres puntos cardinais eternos, O Ceo, o Inferno e o Purgatorio, ademais dos outros catros mortais, as Persoas, a Terra, A Auga e O Aire.
¿Qué sucedeu coas relleiras Roca e Glenlee?, moi sinxelo, o Noso Señor Deus coma Administrador único do punto cardinal eterno Ceo, dispon dun Firewal extremadamente potente que en lugar de localizar e poñer en cuarentena o contido ofensivo, simplemente o que fai e cerrarlle o ancho de banda dispoñible e simplemente as relleiras fican desconectadas ou fora de cobertura, por iso cando a Roca pensou que os seus días remataban e comezou a xurar, Deus  deixouna fora de cobertura ou apagada, e así perdímola pista durante uns minutos, suficientes pra que a Roca subise pola soga ó Galatea.
A partires deste momento a relleira é unha sóa, e a Roca do Eirovello pasará a ser “La gitana del Galatea”, culpable de todos os medos, acojones e desperfectos do cruceiro de instrucción no que lle resta de vida.
A Roca ainda reside no Galatea, pero moi lista ela non se foi pra Glasgow, non, ela amañouse como puido pra ficar no pescante de botes que hoxe se pode ver na Graña, e só sae dalí pra acercarse de noite ó Museo Naval a limpar os puños das velas de capa que alí se gardan.
Dende a Graña ainda pode oir polas mañás cediño o asubío da moa de Maceira no Eirovello, alí onde perdeu a súa honra e gañou o coñecemento do amor.
Só, e xa pra rematar, lles quero pedir amigos e amigas lectores que non molesten á Roca e respeten o seu aillamento da mesma maneira que ela respetou e velou sempre polos rapaces que, acojonados, non durmían polas noites esperando a que ela chegase á súa veira ca seu terrible “sex machine”, eles non se daban conta que era ela quen os agarraba e non os deixaba caer cando subían pola arboladura.
E Deus queira que a Roca non atope nunca a Whipe Temps, porque peligra a vida do artista.
Betanzos 11 de agosto de 2008.

Adicado ó Brigada Maceira, ata pronto amigo Grela.

Velaquí os meus Bisabós maternos, Josefa Dopico Taracido e Juan Ruanova, os pais do Padriño, Josefa dou a luz a Manuel no ano 1902, na casa do limpeiro en Sas, xusto o día que Juan chegaba de desembarcar os derradeiros repatriados de Cuba. Esta é unha das fotografías máis antigas que conservo e con ela quera iniciar este Blog.